19/10/10

Xa recollimos o premio!




O pasado venres estiven en Madrid, invitada pola Fundación Telefónica para recoller o premio do XI Certame Educared. Recordade que un grupo de alumnos e alumnas de 6º do curso pasado elaboraron unha wiki sobre a contorna da Torre de Hércules pola que obtiveron o segundo premio do Certame.
O venres os docentes galardonados asistimos a varias sesións de formación sobre o uso de novas tecnoloxías e tamén participamos na gala de entrega de premios.

Hoxe sae a noticia tanto na Voz de Galicia como na Opinión de A Coruña. Picade nas imaxes para lelas.
Aquí vos deixo tamén o vídeo de presentación da gala,

Outros materiais (fotos, montaxes...) compartidos por asistentes á gala:
presentación collage
fotos
Máis fotos

3 comentarios:

Anónimo dijo...

NORABOA aos nenos e nenas de 6º curso que xa deixaron o noso cole e a Natalia polo traballo que fixeron o ano pasado e polo premio recibido. Espero que durante este curso tamén podades participar noutras convocatorias e que sigades traballando con tanta ilusión.
MAITE

junior dijo...

Me algro moito polo premio, pero nos tamen vamos a gañar.

Rebeca dijo...

Ola a todos, son Rebeca unha das gañadoras. Sorprendeume moito cando Natalia dixonos a min e aos meus compañeiros xa que este ano era internacional pero a verdade é que traballamos moitisimo. O que máis decepcionoume foi que non poidemos ir a Madrid como os nosos compañeiros o ano pasado. Estou deseando recibi-lo premio.
MOITOS BICOS!!!