19/3/09

SOPA DE MARSOPA


Na clase de Lingua Galega, en 5º curso, estamos lendo "Sopa de marsopa" con texto de Isabel Freire e ilustracións de Jon Puga. Ao redor da lectura estamos descubrindo un montón de cousas sobre a autora, o ilustrador e diferentes temas que van xurdindo na historia como as marsopas, detectives famosos, a Atlántida, os cíclopes, detalles sobre cine, as donosiñas, etc.Todo o estamos investigando! Pero sobre todo estamos disfrutando e compartindo a primeira aventura de Bilbo Bons. E ao mesmo tempo ímonos preparando para o gran día xa que está prevista a visita de Isabel Freire ao noso colexio.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola,
Oxala que vella pronto Isabel Freire quero que me firme o libro estou nerviosa ademais teño unhas preguntiñas gardadas para ela.

Unknown dijo...

ola:
eston entusiasmada coa visita de Isabel Freire. Espero que me poda firmar o libro.