6/3/09

A voltas co proxecto de biblioteca... Agora investigamos sobre a muller

Ao redor do Día da Muller Traballadora, no noso cole fixéronse varias actividades. Esta mañá, os adultos que acompañaban aos rapaces e rapazas ao colexio atopábanse cun grupo de nenos e nenas de 6º que lles repartían o lazo da igualdade. Logo, en todas as clases andabamos a facer un traballo sobre unha muller do país que nos toca investigar. A aula de 5º fíxoo sobre Salomé Ureña de Henríquez, unha muller dominicana que, ademais de escribir poesía dende moi nova, foi a fundadora do primeiro centro de ensino superior na República Dominicana.

NOTA: Botade unha ollada á barra da dereita... Tedes algunhas cousiñas novas.

2 comentarios:

LUIS PEÑA dijo...

Ola Natalia:

Non sei que problema tiveches co podcast. No meu ordenador e nos do meu cole vese ben o reprodutor. Na parte inferior do reprodutor (de poderato)pódese escoller un dos relatos que hai de momento. Polos teus comentarios da a impresión de que non o podes ver. ¿É ese o problema?

Por certo no teu blog escoitanse dúas cancións simultaneamente. Gustaríame saber cal é a que sona máis baixo.

Luis

Carolina 6º dijo...

Non me va o video, pon que xa no esta dispoñible por unha reclamación de copyright. En clase tampoco iba.