Xa estamos metidos de cheo noutra actividade. Estes días andamos a preparar unha
exposición oral. O tema seremos nós mesmos! Para axudarnos na nosa presentación utilizaremos as
TIC´s (Tecnoloxías da información e Comunicación). Todos os rapaces e rapazas da clase andan na procura de
imaxes que falen deles mesmos: da súa vida, dos seus desexos, das súas inquedanzas... Cando as teñades listas tedes que montar unha pequena
presentación de diapositivas para a que podedes utilizar o powerpoint ou o openoffice.impress tal como vimos na aula.
Recordade que a exposición ten que ser en galego e durar entre 4-6 minutos. Practicade na casa!
Tamén é unha boa ocasión para que os pais e nais, avós, tíos, etc, pasedes un tempiño
compartindo recordos, risas e traballo. Axudade aos vosos fillos a seleccionar as imaxes e a preparar o que poden contar, seguro que disfrutaredes!
E ollo!! O luns empezamos coas presentacións!