Estamos xa metidos en plena actividade na clase de
Lingua Galega. Por un lado estamos a rematar os
anuncios publicitarios da biblioteca
Xanela, poñeremos os traballos no blogue en canto estean listos. Por outro, estamos en plena
creación de contos de medo para o noso Samaín. E iso sen olvidar todo o traballo ordinario: fichas, actividades, lecturas...
Ademais, como xa sabedes, os martes, aproveitando que temos outra profe de apoio na clase, facemos dous grupos e mentres un deles vai á biblioteca para facer o préstamo dos libros o outro queda na clase e facemos unha
actividade de expresión oral en galego. Está funcionando moi ben e penso que vos gusta moito ter a ocasión de falar nun grupo pequeno (9-10 rapaces e rapazas) sobre diferentes temas. Hoxe o debate deuse a partir dunha viñeta que vos presentei. As vosas opinións foron moi interesantes e como seguro que estivestes a pensar nisto logo de acabar, aquí vos deixo a imaxe. Por favor,
facede comentarios expresando a vosa opinión ao respecto.