2/12/08

A ARTE DO GRAFFITTI

Esta mañá comezamos unha actividade xa prevista hai semanas, "grafitear"algunhas paredes do colexio. Puxémonos en contacto coa Concellaría de Cultura, a través de Carmen Vilariño, que nos falou de Xan Eguia, un pintor que xa ten experiencia en traballar con rapaces e rapazas o tema do graffitti en diversos obradoiros. O interesante era que ía traballar cos nenos e nenas de forma que serían eles os protagonistas da actividade. A pesar do mal tempo decidimos "tirar para diante" e hoxe comezamos polas paredes do porche dianteiro. A emoción palpábase no ambiente. Comezou quinto curso que ao longo da mañá foi baixando dividido en grupos. Hoxe era un día de moito frío pero as ganas e a ilusión impedían que traspasara as nosas roupas. Todo foron sorrisos e bo facer. Grazas a Xan por facernos de guía e á Concellaría de Cultura pola súa colaboración neste proxecto. Mañá continuaremos dando vida ás paredes. Iso si, recordade que unha cousa é a arte e outra moi distinta o vandalismo. Botade unha ollada ás fotos

6 comentarios:

capturanubes dijo...

Eu tamén quero graffittear!!
Unha actividade preciosa.

Anónimo dijo...

hola natalia encantame que publicaras o de os grafitis

Anónimo dijo...

hola natalia:me encanta que sacaras las fotos de graffiti

Anónimo dijo...

Saudos Natalia son Silvia a tua alumna coincido coa opinion de Marcos gustoume moito que puxeras no Blog as fotos do grafiti. Bicos Silvia.

Anónimo dijo...

Hola Natalia son eu Andrea castro.
¡encantame o que tas facendo co do grafiti e xenial!
unha apreta moi grande Andrea

Anónimo dijo...

hola natalia son marieta.E verdadade que o graffitti foi moidivertido.eu tamen coincido con silvia e marcos gustame moito que puxeras o graffitti no blog.


UN SUPERBICO DE MARIETA.