No enlace da imaxe podedes descargar o openoffice en galego no voso ordenador tal como falamos na clase. A instalación é gratuíta xa que se trata de software libre. De tódolos xeitos fixádevos ben nas instruccións e seleccionade o enlace axeitado para o sistema operativo do voso ordenador (linux, windows 98, 2000...). Unha vez instalado, probádeo e se tedes algunha dúbida tomade nota (xa o podedes facer en google.docs) para comentalo na clase. E... A escribir e crear historias!
Botade tamén unha ollada ao apartado "Aprender xogando", tedes un par de cousiñas novas.
2 comentarios:
Ola Natalia:
Creo que tes razon cos prcesadores de alego o galego e como outra lingua e tamen é moi importante falala.
Hola, me gusta moito o OPENOFICE en galego.E moi interesante coñecelo.
Miguel
Publicar un comentario