Onte, venres, na clase de 5º, non se fixo outra cousa máis que falar e falar, e falouse de moitísimos temas, tantos como nenos e nenas hai na clase. Cada un deles tiña que falar durante cinco minutos diante de todos os seus compañeir@s sobre un tema escollido libremente, que nervios!
Aínda que todos sabiamos que era para avaliar a capacidade de expresión oral, pouco a pouco a tensión foi dando paso á satisfacción de escoitarnos os uns aos outros e penso que realmente tod@s disfrutamos coa actividade. Os temas foron moi variados: Viaxes, Astronomía, baile, fútbol, racismo, países, música, lendas, fenómenos paranormais... Aquí vos deixo unhas fotos do momento aínda que non hai moitas xa que se me olvidaba facelas pola emoción de escoitarvos. Fixéstelo estupendamente, chic@s, parabéns a tod@s!
"IS4K: Internet Segura for Kids"
Hace 7 años
12 comentarios:
encatoume moito as fotos todos saimos moi guapos
Ola,
Encantoume o de falar, e moi bonita as fotos esta é unha actividade xenial!!!! ai que repetila miles de veces
PD: salgo de primeira q ben!
Despois de ver as vosas fotos, quedoume pena por non poder escoitar os vosos discursos. Seguro que estaban moi interesantes. Noraboa por esa estupenda actividade.
a mun personalmente encantoume a actividade. Eu falei de Cuba.Pero os meus compañeiros falaron doutras cousas moi importantes como o racismo e a astronomia ¡probadeo noutros colexios!
Encantoronme as fotos, a ver se o volvemos facer.
Salimos todos moi guapos nas fotos.
a min encantoume esta entrada. eu estaba moi nerviosa
ME ENCANTOU O TRABALLO DE ANDREA V. SIGUE ASI VILLA!
ola son zineb, e a min persoalmente gustoume moito a actividade aunque pasein moita vergonza, deberíamos repetilo no 3º evaluacón
ola:
a min gustoume moito esta actividade, aunque teño que admitir que eu estaba un pouco nerviosa. Espero volvela a repetir.
MENUDA VERGOÑA PASEI, AO PRINCIPIO RINDO E AO FINAL, TREMENDO, E... QUEDEI FATAL NA FOTO.
ola son Nerea encantoume a exposición oral. Deberíamos repetilo o terceiro trimestre.
Ola,
Natalia xa sei que esta entrada e moi vella pero queria decirte que o galego ten que tar en todas as bocas!
Publicar un comentario