Esta mañá estivo Miguel López na nosa clase para falarnos da natureza en Galicia. Miguel é o pai do alumno da clase do mesmo nome. Foi unha sesión que durou hora e media pero no por iso decaeu o interese da clase. Miguel falounos da paisaxe de Galicia, de cómo vivimos nun sitio moi especial e moi valorado en todo o mundo. Tamén de cómo a man humana modifica esa paisaxe. Aprendimos unha chea de cousas sobre a vexetación e a fauna da nosa terra. Incluso vimos cómo algunhas especies de flora que están en perigo de extinción en Europa, sobreviven en abundancia aquí.
Os nenos e nenas amosáronse moi interesados en todo o que nos contou e como había moitas máis cousas das que falar quedamos en celebrar outra xuntanza semellante.
Moitísimas grazas, Miguel, por compartir os teus coñecementos con nós!
3 comentarios:
Ola a todos, acordádevos de mi? Son Rebeca, agora no instituto xa non temos esa clase de charlas. Neste caso creo que foi para 5º, vaia sorte tivestes!, supoño que aprenderiades moito? Bueno xa deixarei máis comentarios noutras entradas.
MOITISIMOS BICOS!!!
Ola Rebeca.Pois si tocounos a nos,foi divertido e moi chulo.
P.D.como e o teu correo electronico?
Bikos Carolinad
Recordade que non debedes dar o voso enderezo de correo electrónico (nin outros datos persoais) a través dun comentario de blog. Este espazo é público e pódeo ver calquera.
Publicar un comentario