1/3/11

Imos de Entroido!



Xa chega o tempo das máscaras, dos choqueiros, dos peliqueiros, dos cigarróns... Na Coruña, en Laza, en Verín... En toda Galiza se respira xa o ambiente de festa! Pero o entroido é moito máis ca iso, ten a súa historia, e iso é o que imos aprender e investigar estes días na aula, aprender do pasado para mellorar o noso presente, o noso futuro.

Para facelo imos utilizar unha "caza do tesouro" elaborada polo CEIP Mestres Goldar de Vigo, "O entroido tradicional galego". Tomade boa conta das instruccións!

Cando rematedes podedes comprobar o que aprendestes no seguinte cuestionario en liña.
Nota para as familias: o traballo de investigación estase a facer na clase. Á volta das vacacións de Entroido teñen que traer o traballo rematado tal como se lles explicou.

ÁNIMO!

3 comentarios:

Antia 5º dijo...

Hola soy Antia y me gusta el bogl que pusistes sobre o entroido , e tamen me gustou o traballo que nos filleches buscar sobre o entroido e o pasei moy ben.

ana 5ª dijo...

hola esta entrada e chulisima o traballo que temos que facer e chulo pero agotador

jejeje chao

rober de 5 dijo...

el trabajo esta bien pero es agotador jejejejje soi rober el de 5 de primariA