O noso centro participa no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2008/09 para o que se presentou un proxecto no pasado mes de xuño. O proxecto titúlase "Dende a biblioteca a todas partes... E volta!" Entre outras moitas actividades promovidas pola Biblioteca do centro destaca a investigación que todas as aulas levan a cabo sobre os diferentes países e/ou culturas de procedencia de moitos dos alumnos e alumnas do cole: Etiopía, Alemaña, Mozambique, Italia, o pobo xitano, Venezuela, Rusia, Uruguai... A clase de 5º curso investiga sobre a República Dominicana, país no que naceu Dailin, un dos alumnos da clase. Estes días estamos investigando cómo celebran o Nadal por aquelas terras. Para ir coñecendo este país enreda polos enlaces e disfruta das imaxes.
"IS4K: Internet Segura for Kids"
Hace 7 años
5 comentarios:
Ola Natalia e xenial a republica dominicana gustame moito o teu blog e se podes pon fotos miñas!
Hola Natalia que fermosas imaxes da República Dominicana.
Ola!son preciosas esas imaxes.
non sabia que na republica dominicana houbera tan bonitos monumentos.
molan!
non esquezas poñer o enlace de o openoffice.
marieta.
Ola Natalia:
As fotos da Republica Dominicana son incribles,polas fotos vexo que a Republica Dominicana é preciosa.
Gústame moito o teu blog Natalia
Publicar un comentario