Enredando por outros blogs atópanse cousas marabillosas. Unha mágoa que o día non teña máis horas! Ademais hai moita variedade de temas: para xogar, para escoitar, para aprender... E ás veces xúntase todo nunha mesma cousa. Así sucede con este fantástico vídeo no que, a través de personaxes de plastilina, cóntasenos unha historia na que o galego é o principal protagonista. Está baseado nun conto de Frei Martín Sarmiento e os directores son Virginia Curiá e Tomás Conde. Atopeino nunha páxina tamén estupenda sobre o audiovisual galego, cunha morea de posibilidades, www.flocos.tv
"IS4K: Internet Segura for Kids"
Hace 7 años
3 comentarios:
ola natalia
que xulo o video
Ola Natalia coincido coa opinion de Andrea C.V. é moi chulo, gustoume moito.
os de 5º o vimos contigo, natalia
Publicar un comentario