12/1/09

Xa estamos de volta!

Empezamos o novo ano con ilusión e ganas de aprender. Hoxe estivemos na aula de informática para crear a conta de gmail individual para cada un dos da clase pero tivemos algún problemiña técnico como ben nos conta Andrea, que xa "fixo os deberes" na casa e empeza a enviar cousiñas á conta do blog. Aquí vos deixo as súas palabras.

"Hoxe na aula de informatica a nosa profesora Natalia explicounos como
facer unha conta de correo en gmail. Eu xa tiña gmail, pero os meus compañeiras
non tiñan, e tiña que explicar o gmail; eu tiña que atender igual para saber como funciona. Na aula de informatica non nos ía a paxina de gmail para facer a conta, entón Natalia dixo: ¿que ten odenador con internet na casa? e os que tiveran facían desde a casa a conta porque a profesora explicou como se entraba e como se facia, para facela na casa. Ao final a ella funcionoulle o gmail, pero era demasiado tarde e era a hora do recreo. Vaia día que tivemos na aula de informática!" (Andrea Castro)

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola Natalia,
grazas por poñer o meu texto que che enviei polo gmail.adeus!

Anónimo dijo...

Ola Natalia, mola un pegote a entrada que te enviou Castro.

Anónimo dijo...

Ola¡a mi tamen gustoume a entrada que fixo a.castro.a verdade e que foi u pouca rollo a clase de informatica do outro dia pero valeu a pena ao fin todos temos gmail.
un saudo.
de marieta

Anónimo dijo...

Ola Nataiia a min como a tdas as demais tamen me gustou o texto de Andrea C.V. sobre o tema de gmail e estou dacordo con Marieta en que valeu a pena.