9/12/09

Marchamos a Madrid!

Mañá, xoves, 10 de decembro, marchamos a Madrid para asistir á entrega de premios do X Certame Educared A Navegar da Fundación Telefónica no que obtivemos o segundo premio na categoría de wikis con Xanelas. Sairemos ás 8:35 da mañá en avión... Si, si, lestes ben, en avión! Para algúns do grupo será a primeira vez que utilicen este medio de transporte así que vos podedes imaxinar, entre iso, a emoción do premio, os nervios da viaxe... Estamos que non cabemos en nós!
Á volta contarémosvos cómo nos foi. Regresaremos no avión das 9:35.
POr certo, podedes ver as fotos do contacontos do outro día no blog da biblio, Xanela.

2 comentarios:

Andrea vázquez dijo...

Que ben o ides a pasar que envidia!!!!!!!!!!!!!!!
Pero alegrome moito e toda a clase tamen porque o merecedes por todo o que traballasteis.
Pasadelo genial!!!
bikos para todos os da wiki!!

Andrea c.v. dijo...

Ola,
Jejeje, pasámolo xenial, encantoume o avión ademais era a miña primeira vez!!!!
Todala tarde en Madrid foi xenial.


BIKIÑOSSSS