11/12/09

ENTREGA DE PREMIOS

Onte pasamos o día en Madrid, tal como xa vos anunciaramos. Fomos á entrega de premios do X Certame Educared A Navegar da Fundación Telefónica para recoller o segundo premio na categoría II da modalidade "wiki", pola xa tan nosa "Xanelas". Foi un día moi longo pero que se nos fixo moi curto. Compartímolo con outros 78 equipos de traballo que tamén obtiveran algún premio nalgunha das diferentes categorías, seleccionados entre os máis de 800 equipos de traballo presentados ao certame. O noso foi o único grupo de alumnos galegos premiado (había tamén tres mestres doutros puntos de Galicia premiados na categoría de "Experiencias didácticas") así que nos sentimos moi orgullosos de poder representar ao noso centro entre tantos outros que alí había de diferentes puntos de España.
Alejandro, Andrea Castro, Andrea Villa, Brais, Marieta e Zineb (a nosa wiki-rapazada) e eu mesma sentímonos moi felices de ter vivido esta experiencia na que compartimos tantas cousas. Tamén agradecemos moito o apoio mostrado por todos os compañeiros e profes do cole.
Desde aquí, ademais, queremos agradecer o apoio que tivemos en todo momento da oficina do certame en A Coruña, tanto para aspectos técnicos como humanos.
Aquí vos deixo a reportaxe. Tamén podedes entrar aquí e ver un par de fotos publicadas na páxina de telefónica.

7 comentarios:

sarita (antes 6º) dijo...

Olaa !! que ven o devestes pasar !!
e enoraboa !!

VILLA! dijo...

fué super! me lo pasé tope!!
espero q más gente lo viva.
VILLA!

SARA dijo...

Son sara
que guapos estabades incluindo tamen a profe, polo que parece bo lo pasachedes xenial.ENORABOA

Andrea c.v. dijo...

Ola,
ENCANTOUME A ENTREGA DE PREMIOS!!! ESE DÍA FOI XENIAL!!!!! Ademais fun por primeira vez en avión e cos meus compañeiros!

QUE GUAPOS SALIMOS NAS FOTOSSSSS!!!!







BIKIÑOSSSSSSS

marcos dijo...

pareceume moi ben que forades a madrid ademais volo mereciades por todo o esforzo que fiseches ao facer a wiki

abraham dijo...

espero que o proximo ano seguades ase de traballadores

ENORABOA

rebeca dijo...

ola:
espero que este ano tamen haxa este concurso pero que podamos participar toda a clase.
Por certo noraboa!!!