O noso centro tivo a sorte e o privilexio de poder contar coa visita do grupo Cántigas de Terra que leva máis de 90 anos mantendo viva a tradición musical da nosa Galicia. Onte trouxéronnos un cachiño do seu traballo e a verdade é que nos deixaron con ganas de máis.
Participou nesta actividade o alumnado de 3º ciclo, 5º e 6º, e non só tivemos ocasión de escoitar as súas marabillosas voces, aturuxos incluídos!, senón que ademais compartiron con nós unha chea de información ao redor da súa música: faláronnos dos diferentes instrumentos (tamboril, pandeiro, gaita...), da historia das cancións, das diferentes estructuras musicais (maneo, alalá, pandeirada e foliada), ensináronnos vocabulario (galéon, pana, traíña, carneiros...), contáronnos de onde viñan as letras... Ata de pintura nos falaron! Todo cunha paciencia e un trato exquisito a todos os nenos que disfrutaron un montón tamén cantando todas estas pezas que datan dos primeiros anos do século XX e que forman parte do arquivo do grupo.
Esta actividade estase a desenvolver grazas á iniciativa do grupo Cántigas da Terra e a Concellaría de Normalización Lingüística de A Coruña.
E a vós, rapaciños... Que vos pareceu?
"IS4K: Internet Segura for Kids"
Hace 7 años
4 comentarios:
A visita que nos deron cantidas da terra foi moi chula, o que máis me gustou e me preguntaba como o facia era a muller q gritaba e faacia unha risa..non sei como explicalo..
un bico a todoss, e o pasedes moi ben na fin de semana
Ola,
Encantoume a visita de cántigas da terra, amin tamén me gustou a muller que facia unha risa.... E todos nos preguntábamos como o facía.
Un bikiñooo
Ola:
Encantoume a visita de "Cántigas da terra". o que máis me gustou foi o aturuxo e as canción que cantamos todos xuntos.
MOITOS BICOS!!!
Que ben o pasamos ese día (cantando,bailando...) a min persoalmente encantoume.
Publicar un comentario