Esta mañá estivemos na Biblioteca Municipal. Fomos para conseguir o noso carné de exploradores da información. Xa antes na clase estiveramos aprendendo unha chea de cousas sobre cómo están organizados os libros nas bibliotecas. Aprendimos que o sistema de organización chámase Clasificación Decimal Universal (CDU) e que esta divide os libros en diferentes categorías segundo o tema do que traten. Tamén aprendimos a consultar o catálogo en rede das Bibliotecas Municipais e participamos coas bibliotecarias nunha serie de actividades moi divertidas.
Para rematar trouxemos un libro cada un para o cole gracias ao préstamo de aula.
Unha xornada estupenda!
"IS4K: Internet Segura for Kids"
Hace 7 años
5 comentarios:
Ola natalia:
A min gustoume moito a visita a buiblioteca, ademais tiñamos ventaxa por que nos somos axudantes na biblioteca e xa sabemos moito deso. Con todo o que fixemos espero que consigamos o titulo de exploradores da información.
BICOS!!!
si a verdade e que a min tamén me gustou moito, o pasamos xenial.
me gustou moitisimo a ficha que nos deron , porque tiñas que explorar a biblioteca...
BICOS!!!!
Ola,
Que ven o devichedes de pasar na biblioteca Municipal, seguro que vós divertichedes un montón! Que pena que eu non fóra...
Bikiñossss
non quer0o ser cotilla pero eh que sempre botades fotos dos de sesto
REcordade que este é o blogue da aula de 6º. POr iso saen eles principalmente. Para cousas máis xerais do centro temos o blogue da Biblioteca. Un saúdo
Publicar un comentario