A escola-obradoiro da contorna da Torre de Hércules, a través da Concellaría de Turismo e Emprego, propúxonos unha nova actividade: "O vagalume da torre". Participan sete centros da cidade de A Coruña e está destinada ao alumnado de 6º curso. Nós apuntámonos encantados xa que está moi relacionado co tema que estamos a traballar para o proxecto da biblioteca.
A idea principal é coñecer a importancia da Torre na nosa cidade... Que pasaría se a torre desaparecese?
O vernes tivemos a primeira sesión. HOubo tres obradoiros: no primeiro tiñamos que pintar unha gran torre de Hércules baixo a dirección do pintor Raúl Velloso, no segundo faciamos unhas postais para enviar a un concurso e no terceiro, finalmente, participabamos nun blogue que a organización creou, O vagalume da torre. Non vos perdades os comentarios dos nenos neste último.
A actividade desenvolveuse estupendamente e todos os nenos e nenas disfrutaron moito dos diferentes obradoiros. Aínda nos queda outra sesión pero o gran día será o 12 de marzo cando se xunten todas as obras na Casa dos Peixes.
"IS4K: Internet Segura for Kids"
Hace 7 años
10 comentarios:
o pasamos xenial, pero o que masi me gustou foi o de pintar a torre ...
bicos de zineb E NEREA...
MUACCCC
a verdade e que si o pasamos moi ben e certo!!! A torre quedou moi bonita.
bikos de andrea vázquez e rebeca.
o pasamos moi ben o mellor foi pintar a torre queou moi ben
Felicidades...son Isi e dame moita pena non estar con vós neste obradoiro.Non vos podedes queixar das actividades tan bonitas que estades a facer. Bicos a todos e todas.
Gracias Isi a verdade e que o pasamos xenial e pintar a torre encantoume.
Ola,
Jajaja como me gustan as fotos.
Isi aver cando volves!
Bikiñosssss
Ola:
Gustoume moito o obradoiro que fixemos con Raul velloso.
BIKOS!!!
que guapos estan eh????
que traxes mais bonitos!!!!!!!!
Fantástico y genial Raúl Velloso. Sus cuadros me alegran todos los días gracias a sus colores y formas. Ahora también se pueden conseguir online en ArtGalicia .
Publicar un comentario