3/4/09

E chegou o día... Con Isabel Freire!

Esta mañá todo eran nervios... Era o día previsto para a visita de Isabel Freire. As horas previas á súa chegada foron trepidantes: poñer os últimos carteis, ver que todo estivera no seu sitio, comprobar que tiñamos todos os libros para que os asinara, encuadernar o libro de relatos... En fin, unha chea de cousas por facer! E por fin chegou a hora. Penso que todos disfrutamos da dozura e do bo falar de Isabel; conversamos sobre a súa obra, as súas lecturas, as nosas, a amizade, o noso futuro... Ademais era o primeiro acto oficial na nosa nova biblioteca e penso que non disgustou a ninguén, xa nos contaredes. Isabel, con paciencia infinita, contestou todas as nosas preguntas, asinou todos os libros (tamén os da Biblioteca) e deixounos un cariñoso recordo no libro de visitas que hoxe estreabamos. Moitas grazas, Isabel e moitas grazas tamén a Darío, de Xerais, por argallar a xuntanza.
Ao rematar, a tristeza de pechar unha actividade, un ciclo... Foron moitas semanas traballando neste libro de Isabel e xa se fixera un pouco noso... Pero non vos preocupedes, collede forzas nas vacacións porque á volta nos esperan moitas sorpresas! Mentres tanto, recordade o momento vendo as fotos. Felices vacacións a tod@s!

9 comentarios:

M.J.L(Marieta Junco Lendoiro) dijo...

ola!so marieta.A min gustoume esta actividade moitisimo a verdade é que isabel é mais guapa en persoa que na foto do libro.Gustariame que se repitiera esta actividade mais veces.
UN BICO DE MARIETA.
P.D.hoxe estiben practicando co teclado.

Natalia dijo...

Alégrome que che gustara, Marieta. Ti tamén o fixeches moi ben nas preguntas.
Estupendo o da práctica co teclado. Felices vacacións!

alex dijo...

ola sou Alex o mellor amigo de Darlin e me encanta o blog

darlin dijo...

ola natalia me encantou a actividadecon isabel freire

Andreac.v. dijo...

Ola,
Quero que veña outra vez, encantoume! Pareceme que Isabel e moi simpática.Gústame moito pero moito a nosa nova biblioteca e alegrome un monton que a viramos con Isabel!
Natalia tes unha chea de ideas na cabeza tan xeniales que telas que sacar todas e pero todas!

Natalia dijo...

Pois ídevos preparando, chic@s porque á volta temos que prepararnos para a visita de Fran Alonso, o autor de "Cidades"

Unknown dijo...

ola:
a min encantoume foi moi simpática e moi paciente, xa que lle fixemos moitas preguntas, foi xenial. espero que a visita de Fran Alonso sexa tan bonita.

Andrea c.v. dijo...

Ola,
acordome daquel día como se fora onte...

lucia p dijo...

encantoume esta maña con isabel freire ,e moi alegre !!agora sempre
que abra o libro e vexa a sua dedicatoria acordareime sempre da sua visita

as fotos son xeniales!

muaksss!