30/4/09

Vaia día!!

Hoxe foi un día moi especial no noso cole. A emoción respirábase no ambiente... Ás doce estaba prevista a visita do Alcalde de A Coruña, Don Javier Losada. Viña inaugurar as obras do futuro patio cuberto pero tamén, e non menos importante, para que lle presentásemos a nosa biblioteca, "Xanela" e a súa mascota, Lusca, unha visión libre da coruñesa Torre de Hércules. Recibírono as clases de 5º e 6º que lle leron unha carta de benvida. Na hora que estivo con nós tivo tempo de falar con moitos dos alumnos e alumnas de varios cursos xa que fixemos unha visita polas instalacións. Algúns dos pequenos non o podían crer! Esta noite, ás 21:30 horas podedes ver a reportaxe en Localia. Por certo, logo de presentarlle ao alcalde o noso blog, el tamén nos falou do seu, Blog de Javier Losada


Pero o día non acabou aquí. A continuación, estaba prevista a visita do escritor Fran Alonso, autor do libro "Cidades" que estivemos lendo na clase. Fran leunos moitos dos seus poemas e admirou os traballos que fixeramos ao redor do seu libro. Coma sempre, todos fixeron unha chea de preguntas pero quedaron moitas máis no tinteiro!

Nota: a reportaxe da TVG está prevista para o martes, 5 de maio. Ás 12:30 emitirán un avance e ás 13:20 a reportaxe completa. No programa "A revista". Avisade na casa!

8 comentarios:

Anónimo dijo...

natalia me encanta la entrada tienes que poner mas entradas de cosas interesantes

darlin dijo...

encantoume que viñera fran alonso espero que vengan mas un bico

croqueta dijo...

molo mucho que viñera fran alonso
pero que maneras de contar poesias

Andrea c.v. dijo...

Ola,
Son Andrea c.v., gústame moito a presentación de imaxes do Alcalde e de Fran Alonso, a min sobretodo gústame a xente que aparece facendo fotografías e no de Fran Alonso gústame as estrelas. Encantame moito a presentación das fotografías.

Rebeca y Andrea dijo...

ola:
nos tamen estivemos na visita de Fran Alonso. Salimos moito nas fotos, as fiseches ti?
BIKOS

Sara dijo...

Hola !
son Sara a de 6º
gustame moito o blog e tamen me gusta moito que veñan autores , asi que espero que veñan mais
bueno deixovos atalogiñoo!

Anónimo dijo...

Hola son Patri

A mín tamén me gustaron moitísimo as fotos é que parecen unha festa.
A miña filla Raquel da visita contounos que o Alcalde viña acompañado de moita xente¡¡
Ah e o que vexo da biblioteca tamén me gusta moito.

kelvin dijo...

qe morro yo qeria ver afran alonso