20/4/09

POESÍA, POESÍA,POESÍA!


Este trimestre imos falar de poesía. Empezamos polo libro "Cidades". O seu autor, Fran Alonso, ofrécenos...

5 MOTIVOS PARA LER POESÍA

  1. A poesía non morde, non fai dano e, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, nin romanticona, nin cursi, nin difícil. E hai moitos tipos de poesía para que elixamos.
  2. A poesía serve para ler, cantar, berrar, recitar, musicar, rapear, declararse, rebelarse contra o mundo ou unicamente para falar suave á orella. Tamén é un somnífero para durmir ben, unha pastilla sen química que mellora a saúde e o benestar, e relaxa ás persoas. E serve, sobre todo, para explicar as razóns e as emocións que non veñen no dicionario.
  3. Os poemas son como caixas de ferramentas, valen para todo: para sentilos, manosealos, lelos, cerralos, gardalos nun armario, ensucialos, para ligar, poñelos enriba da cabeza, penduralos na parede, limpalos, recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de papel, ordenalos, metelos na neveira, e lelos coa cabeza máis fría, ou deixalos sobre a cama para devoralos á noite, clandestinamente, cando todos se deitaron. Ademais, a poesía cura enfermidades como a impaciencia, os nervios, os pés planos, os enfados, a dor de cabeza, as feridas imprevistas, as dores de amor, as indixestións, a ansiedade e algunhas gripes.
  4. A poesía está nas cousas que nos rodean a diario, na música, na amizade, no supermercado, na risa, na moto, no váter, na esperanza, na rutina, nas cousas persoais, no calexón sen saída, no mar contaminado, na tristura, no teu barrio, no ceo cuberto, no ordenador, nun berro, na paisaxe, na conversa e nas rúas. Onde ti queiras.
  5. O importante da poesía non é obsesionarte por descifrala senón saber gozala, sentila e intuíla. Na poesía reconforta sentir o seu ritmo, a súa música, a súa sonoridade, os xogos de palabras que por veces nos deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En fin, facer da poesía un pracer.
E vós... Qué pensades?

11 comentarios:

Ceip Manuel Masdías-Ferrol dijo...

Tedes un blog moi interesante, gustounos moito e por iso vos deixamos un agasallo no noso.
Se queredes podedes pasar por el a recollelo:
http://www.blogoteca.com/xogosmasdias/index.php?cod=60488

villa dijo...

Ola Natalia, lín as 5 razóns e parécenme moi chulas, sobre todo á primeira, ''A poesía non morde'' je, je, moi chulas.
VILLA.

Andrea c. dijo...

Ola,
Natalia tes moita razón con os 5 motivos para leer poesía,
eu estou con Villa a primeira que "A poesía non morde" que esta moi chula.
Segue mantendo asi o blog de cousiñas chulas,
bikiños Andrea Castro.

miguel dijo...

esta entrada me encanta espero que pongas mas entradas

brais dijo...

me encanta o que fas co a wifi Natalia

CARLOTA dijo...

NATALIA ENCANTOUME A ENTRADA DE CIDADES E DE FRAN ALONSO

A.vÁZQUEZ dijo...

Natalia lín as 5 razóns.moi chulas .

marta villar dijo...

Ola, Natalia.
Son Marta Villar, de LA OPINIÓN. Amais de estrearme no teu blog e quedar encantada coas razóns para ler poesía (sobre todo, o de que é coma unha caixa de ferramentas), escríboche para que saibas que a reportaxe non sae ata a próxima semana pois este finde non había sitio (o tema ése de Culleredo, que acapara todo). Avisareite a véspera de sair o artigo.
Aproveito tamén para felicitarte polo traballo que fas, coma este estupendo blog, e para mandarlle unha aperta a esa clase de quinto que visitei, cuns rapaces tan simpáticos, encantadores e listos que mete medo. Un bico para todos.
Marta Villar

silvia.m.p. dijo...

ola natalia:
son silvia e acabo de ler a entrada que fixeches sobre a poesia encantoume.
segue asi.

Unknown dijo...

Ola Natalia
Gustame moitisimo o libro de Cidades espero que mandes comprar mais libros elogo traias a os autores

rebecafuentes98 dijo...

Ola:
eu xa lin o libro. Non me gusta moito a poesia, pero este libro foi moi interesante.